domingo, 22 de noviembre de 2009

Restos de un temporal

Despois duns días de mal tempo, cando paseas pola praia atopas restos que deixa a auga, sobre todo, por desgracia, utensilios de plástico. O que non resulta tan frecuente é observar un cadáver en tan “bo estado”.

Delfin-BN-Web

Supoño que estas son as medusas das que falan na prensa, e que chegan por centos ata a costa.

Medusas-1

Antes desta especie, houbo outra que era moi pequena, e o meter a man na auga topabas con milleiros e milleiros delas. A sensación era extraña, pero non desagradable… para min; cando saín da auga, entrou un rapaz co body, non levaba nin 10 minutos e  volveu cara a praia botando pestes, non aturaba a sensación de topar con elas ao meter a man para remar. 

Esas medusas pequenas non eran urticantes, pero éstas parecen outra cousa. Non quero nin pensar en facer o pato e sair con un bicho de esos pegado na cara.Medusas-2