viernes, 20 de mayo de 2011

Manifestación en Nemiña e outras lerias.

Na páxina web do Club Os Tombos apareciu hai xa uns días unha entrada criticando a celebración dun campionato de longboard na praia de Nemiña. Como en ese post se fala en primeira persoa do plural, e como socio do club non me sinto representado polo alí expresado, e xa que os comentarios da entrada foron suprimidos (supoño que porque se estaba desfasando todo), aproveito o blog para dar a miña opinión.
Eu non entendo o surf como unha competición, para min é soamente unha forma de escapar á rutina diaria, estar en forma e divertirme. Coma min hai moita xente, pero hai outros moitos  que toman este deporte doutro xeito, onde inclúen a competición e mesmo quen o toma como unha forma de vida. Son distintas formas de enfocar o mesmo deporte, e penso que todas válidas. Ainda que unha vez no ano veña xente a disfrutar da praia acotando un par de horas o mellor pico ese día ou ese fin de semana, non pasa nada. E ademáis teñen todo o dereito.
O que menos me gusta do comentario é que se fale en nome de todos e ainda por riba, o faga o señor Anónimo. Cando se dice algo, hai que dar a cara, e máis falando en nome de outros.
Por outra banda, respecto os que organizan o campionato, con todos os membros do clube cos que falei, ningún tiña noticia algunha de que se iba a celebrar o campionato. Coido que aínda que teñen todo o dereito a celebrar o campionato, e non hai nada que lles obligue a facelo, deberíanse ter posto en contacto con algún membro do club asiduo de esta praia, por si o club quixera participar na organización do evento ou por si lles interesase montar un chiringuito para sacar fondos, ou simplemete por cortesía, porque a min non se me pasa pola cabeza que en setembro, eu e un par de colegas pidamos os permisos oportunos e organicemos un campionato de bodyboard en Doniños ou en Patos, e un mes antes do evento o publiquemos nun par de webs; estou seguro que os asiduos a esas praias non lles iba a facer ningunha graza. É máis, seguro que se interpretaría como que o campionato non é máis que a excusa para que unha panda de amiguetes cerrásemos o mellor pico para pasar o rato nos sós.
Opino que as cousas hai que tomalas con calma e con boa vontade, porque sinon, nin uns nin outros disfrutaremos ese fin de semana, e así, perdemos todos.

5 comentarios:

  1. totalmente de acordo antonio ,un saudo.

    ResponderEliminar
  2. calma y buena voluntad como dices es siempre la solución.

    Yo me quede anonadado cuando leí lo de la medusa, aunque no he entendido muy bien si al volver al estado de juventud luego es el mismo animal, me refiero , si nosotros puediéramos hacer eso perderíamos todos los recuerdos no?
    saludos!

    ResponderEliminar
  3. Es una postura dificil, ya que si yo fuese el creador del único club de surf de esa zona tambien me tocaria un poco la moral que no me avisasen... Pero hablando se entiende la gente y compartir es vivir.

    Tambien pienso q falta más información acerca del club, solo canozco el blog y no es que se actualice mucho...

    Saludos desde La Coru, me voy pal orzan a chustear un poco Nenooo! jajaja

    Dani

    ResponderEliminar
  4. Me gusta da frase "é soamente unha forma de escapar á rutina diaria, estar en forma e divertirme". Eu creo que expresa perfectamente os seus sentimentos para o surf.

    En cuanto a la movida en cuestión es difícil opinar estando tan lejos y sin conocer antecedentes, pero sí es cierto que con diálogo y comprensión todos tenemos sitio en cualquier evento o lugar.

    ResponderEliminar

Escribe tu comentario