sábado, 31 de octubre de 2009

Deportes de risco

Dende hai anos practico o montañismo. Tiven que deixalo, polo momento (eso espero), por un problema no xeonllo. Como teño que nadar e na piscina é moi aburrido, aficioneime ao bodyboard. Segundo a miña muller, saio de Guatemala…, o caso é que si cando ía eu so á montaña non lle gostaba nada, agora cando saio so co corcho, tampouco é que se entusiasme.

Seguro que preferiría que fixera algo más tranquiliño como, eu qué sei, por exemplo... a pesca… ¿a pesca? ¿tranquilo?

Onte, como tiña poucos avisos, aproveitei para dar unha volta por Touriñán, na percura de algo que fotografar.

Pescadores-0

Atópome cun pescador buscando onde lanzar...

Pescadores-1

E claro, como había tantos pescadores, o pobre home tiña que baixar por ahí, ata un dos "poucos" sitios libres que quedaban.

Pescadores-4

E a miña dona queixábase das miñas aventuras na montaña. Eu polo menos levaba arnés, cordas, oito, crampóns, piolet e o que fixese falla.

Pescadores-5

Chegado a esta situación, cómo boto de menos un tele co que captar mellor a imaxe.

Pescadores-2

E mentras o pescalpinistador practica o seu deporte favorito (supoño que pescar algo despois de isto non ten importancia), un pouco máis abaixo, atopamos un pescatoreador. En ésta onda ainda non se arrima moito, pero...¿qué pasa si tropeza?

Pescadores-8

Pero houbo outras, coma ésta, que casi o leva por diante.
Pescadores-6

Pescadores-9

Paseniñamente, espera a que a serie acabe.

Pescadores-11

Pescadores-10

E baixa unha vez máis ao ruedo

Pescadores-3

As ondas son duns 3 metros. Para a vindeira semán o windguru da 6 metros, ainda que de aquí ao mércores, pode trocar moito a previsión.

Ola-1 Como xa está caendo moito a luz...

Oscurece decido voltar ao coche. Antes, cando tiña o 4x4, podía pillar estas pistas pero agora tocame patear, e agradécese... sempre que o xeonllo aguante.

Camino Polo camiño, atópome estos cogumelos

Setas-1 Fernando, ti que tes experiencia en cogumelos velenosos, ¿éstos eran comestibles?

Setas-2 Aburiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe tu comentario