jueves, 25 de febrero de 2010

Barcos anfibios na Costa da Morte

Na Costa da Morte temos tan adiantado o sistema de baixada dos barcos á auga que pasamos de grúas motorizadas e outros artiluxios antediluvianos. Así, dispoñemos de evolucionados barcos anfibios, que permiten entrar e sair da auga a vontade.

Barco-anfibio-1 

Vale, que non vale o polbo como animal de compaña, pero e que non para de chover, as vacas non saen aos pastos polo que non lles detectan os celos,  e como consecuencia hai poucos avisos durante o día, así que en algo hai que empregar o tempo, ¿non?

Barco-anfibio-2