sábado, 24 de abril de 2010

Unha boa semana

Esta semana houbo baño casi todos os días. Mesmo tivemos espectadores contemplando as evolucións na orillera que saía no centro da praia. Non se perdiu detalle… mentras a sua dona estaba na auga.
Gracias,  Alvaro por deixarme acoplar o 100-400 a miña cámara. Pasar de 200 a 400 nótase moito.

Laura saiu da auga antes de que me dera tempo a tomar algunha foto

Mentras Felipe iba co motor foraborda conectado. Xa que non había mar, encargábase él de fabricalo. Teño que agradecerlle todos os consellos que me da, axúdanme a mellorar o pouco estilo que teño no corcho.
As ondas eran pequenas, polo que non se podían facer fotos de manobras. Pero servían dabondo para divertirse.

José Angel
Bruno

Por ahí debaixo anda Felipe




Por último, presentar o novo modelo de boina, para protexerse do sol agora que se acerca o verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribe tu comentario