domingo, 18 de julio de 2010

Xa estou aquí

O exame final dun curso que me ocupou os últimos dous meses, o traballo “normal”, a praia, o bodyboard, o mundial de fútbol (facía anos que non veía tantos partidos, ainda que esta vez disfrutei ata o último) e mesmo un virus que deixou os PCs de casa en dique seco durante unha semana, son os culpables (non eu, claro) de que teña abandoado o blog tanto tempo.
Agora que retorna a normalidade, toca actualizar o blog. Onte fixemos unha cea en Nemiña. Carne de ternera, porco e polo, pementos de Herbón, tortilla, parrilleiros e ata bolla larpeira de postre..
Mesa 
Boas viandas, bo rollo, como se pode ver pola roupa, pena dun pouco menos de Nordeste.
General
Poucas veces na historia da humanidade, ou quizais ningunha, alguén foi capaz de retratar cunha pequena cámara compacta o proceso de creación mental que supón a aparición dunha IDEA. Gracias a Bruno, que nos avisou a todos, poidemos contemplar o evento. O que non nos dixo Álvaro foi o que estaba pensando.
Alvaro-Idea 
Os pementos de Herbón que trouxo José Angel estaban boísimos. ¿A quén lle tocaron os da bolsa que picaban?
Pimientos
Nun principio pensamos en ter preparados, por se non chegaba a carne, uns rapaces afumados, pero non, non foi necesario. Polo que se ve, non querían quedar sen a súa ración de churrasco que agardaban en primeria fila de fume.
Niños
Por certo, agora que repaso as fotos. ¿Cómo coño fai Álvaro para saír en case todas?  Espero que publiques as fotos que fixeches, que eu tamén quero ter algún recordo, si fun capaz de sair en algunha cos ollos abertos, que o flash pódeme case sempre.

5 comentarios:

  1. Carallo, ó velas fotos teño fame outra vez, temos que organizala PEMENTOTORTILLONA, saudos.

    ResponderEliminar
  2. A idea de Álvaro: mmmnnnn... a min co que me gusta o choriso aínda comía un... e outra voltiña máis! pero non se fan nunca estes chorisos?? mira que tardan en cocerse...

    Bruno e Lili

    ResponderEliminar
  3. Pero que ben os coidades! esperamos verte pronto por tus tierras. Un saludo

    ResponderEliminar
  4. Jose: Pois todo é buscar o día axeitado. E ademáis de segundo prato podíamos cambiar a carne polo pescado, unhas robalizas á brasa non estarían mal.

    Lili e Bruno: como dixo un cliente nun parto:
    "Paciencia, paciencia, que con paciencia e saliva, púxolla o elefante á formiga"

    ResponderEliminar
  5. Vientosurf: hace ya años que no me doy un baño en el Orzán y me apetece mucho. Estuve hace unos días por ahí y me llamó la atención el color que tiene el agua por culpa del caolín. Supongo que eso no quedará así para siempre, no?

    ResponderEliminar

Escribe tu comentario