domingo, 25 de julio de 2010

Miss Costa da Morte

Hoxe quero presentarvos a vaca máis juapa de toda a Costa da Morte.

Vaca-Tigre-3

Non abondan, polo menos por aquí, as vacas cunha capa con estas características. En esta explotación hai varias, todas elas parentes entre sí, e de todas elas, esta é a que presenta a capa máis definida. Técnicamente chamaríase capa colorada con chorreado en verdugo, pero queda mellor se lle chamamos vaca tigre.

Vaca-Tigre-1

De todas formas, como non collas o bó angulo, ata Angeline Jolie podería acabar parecendo un adefesio.

Vaca-Tigre-2